DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 26 de maio de 2026 Páx. 30474

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, de dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 249, do 11 de decembro).

En execución das sentenzas 548/2024 e 26/2025, ditadas pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de xullo de 2024 e do 22 de xaneiro de 2025, nos procedementos ordinarios núm. 431/2023 e 430/2023, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 249, do 11 de decembro) e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 10 de abril de 2026 (DOG núm. 81, do 4 de maio), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***1373**

Limeres Olmos, María Eugenia

1

SAC030000315770017

Técnico/a asesor/a veterinario. Seguridade alimentaria

SA

Dirección Xeral de Saúde Pública

S. X. de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria

Santiago de Compostela

A1

24

2

***8641**

Leal Caramazana, Darío Manuel

2

SAC030030127001011

Inspector/a veterinario. Saúde pública de laboratorio

SA

Dirección Xeral de Saúde Pública 

Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (Lugo) 

Lugo

A1

24