Unha vez rematado o proceso selectivo, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado mediante Resolución 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 28 de abril de 2026 (DOG núm. 83, do 6 de maio), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos esixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo, as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Formación |
Observ. |
|
1 |
***1800** |
Rama Torres, Pablo |
6 |
PEC040000315770074 |
Técnico/a |
PE |
S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
Santiago de Compostela |
A1 |
22 |
||
|
2 |
***7717** |
Fariña Mouzo, Juan |
12 |
PEC994020136600025 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
Doutoramento (mérito) |
|
|
3 |
***4111** |
Portela Gaute, Susana |
7 |
MRC070000015770009 |
Posto base subgrupo A1 |
MR |
D. X. da PAC e do Control da Cadea Alimentaria |
Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
4 |
***7984** |
Dorado García, Uxía |
2 |
PEC994020127500004 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro Cultivos Mariños (Ribadeo) |
Servizos periféricos |
Ribadeo |
A1 |
24 |
Doutoramento (mérito) |
|
|
5 |
***1634** |
Lagares Calvo, Lorena |
8 |
MAC060000015770004 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Patrimonio Natural |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
6 |
***1167** |
Novoa Abelleira, Alberto |
3 |
MRA113100332400003 |
Xefatura sección viticultura |
MR |
Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense) |
Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) |
Leiro |
A1 |
25 |
Doutoramento en viticultura (mérito) |
|
|
7 |
***9606** |
Barros Domínguez, Alex |
13 |
MAO310000015770014 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Instituto de Estudos do Territorio |
Instituto de Estudos do Territorio (IET) |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
8 |
***8206** |
Vázquez Rodríguez, David |
4 |
MAC991000027001023 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Departamento Territorial Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A1 |
20 |
||
|
9 |
***3053** |
Martínez Boo, Pablo |
9 |
IVE100000015770050 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Dirección |
Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
10 |
***0691** |
Maroño Mato, Andrea |
1 |
PEC994020127500005 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro Cultivos Mariños (Ribadeo) |
Servizos Periféricos |
Ribadeo |
A1 |
24 |
Doutoramento (mérito) |
|
|
11 |
***3538** |
Rodríguez Puente, Xián |
10 |
IVE100000015770049 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Dirección |
Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
12 |
***3563** |
Echevarría García, Ildefonso David |
14 |
MAO310000015770017 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Instituto de Estudos do Territorio |
Instituto de Estudos do Territorio (IET) |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
13 |
***6302** |
Pérez Mantecón, Ignacio |
11 |
MRC050000315770100 |
Posto base subgrupo A1 |
MR |
S. X. da Cadea e Industrias Agroalimentarias |
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
14 |
***2230** |
Rogel Mesías, Inés |
5 |
MAC991000532001025 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Servizo de Patrimonio Natural (Ourense) |
Servizos Periféricos |
Ourense |
A1 |
20 |
Ámbito espazos naturais provincia |
