DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 26 de maio de 2026 Páx. 30480

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro).

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na actual Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

En virtude da Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición para o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, na Resolución do 4 de febreiro de 2026 (DOG núm. 30, do 13 de febreiro).

Unha vez rematada a fase de oposición do dito proceso selectivo, e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas persoas aspirantes nas bases das ditas convocatorias, así como co obxecto de que as persoas aspirantes que os superaron poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, de acordo coas bases da convocatoria, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia; e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado por la Resolución do 5 de xullo de 2023, modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024, e que figuran no anexo.

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base II.Bis.1 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulado na resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de maio de 2026, que será o día 1 de xuño de 2026.

A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Segundo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou impugnala directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

***9155**

López Martínez, María del Pilar

***2164**

Díaz Gayoso, Lucía María

***0604**

Carballo Neira, Mónica

***8094**

Rodríguez Pérez, Cristina

***4542**

Martín López, Noelia María

***2102**

Martínez Montes, Mónica