En cumprimento do ordenado na base II.Bis da Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Obxecto e finalidade
O curso selectivo de formación establecido na base II.Bis da convocatoria do proceso para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024, consistirá na preparación para o exercicio das funcións específicas propias desta escala.
En consecuencia, o curso selectivo de formación terá como finalidade a preparación das persoas aspirantes para o exercicio das funcións especificas da Axencia de Turismo de Galicia nas materias seguintes:
- Presentación e estrutura da Axencia de Turismo de Galicia.
- Lei de turismo de Galicia. Lei 7/2011, do 27 de outubro.
- Empresas de aloxamento turístico.
- Establecementos hoteleiros (Decreto 57/2016, do 12 de maio).
- Apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico (Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro).
- Turismo rural (Decreto 191/2004, do 29 de xullo).
- Albergues turísticos (Decreto 48/2016, do 21 de abril).
- Campamentos de turismo (Decreto 159/2019, do 21 de novembro).
- Empresas de restauración (Decreto 108/2006, do 15 de xuño) e Decreto 179/2011, do 8 de setembro, polo que se regula o réxime de prezos e reservas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración na Comunidade Autónoma de Galicia.
- A defensa das persoas consumidoras e usuarias: Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro.
- O estatuto do turista: dereito a formular queixas, Normativa reguladora das follas de reclamacións.
- A intermediación turística. Axencias de viaxes (Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, e Decreto 25/2018, do 22 de febreiro).
- Viaxes combinados (Real decreto lei 23/2018, do 21 de decembro, de transposición de directivas en materia de marcas, transporte ferroviario e viaxes combinadas e servizos de viaxe vinculado).
- Turismo activo.
- Guías de turismo (Decreto 73/2015, do 7 de maio).
- Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas. RITGA e SIXITU Títulos municipais habilitantes, licenzas e comunicación de inicio de obras. Procedemento de outorgamento e caducidade.
- Potestade sancionadora.
- A inspección turística.
Segundo. Organización e dirección
Encoméndaselle á Axencia de Turismo de Galicia a organización e dirección do curso selectivo de formación.
Terceiro. Destinos en prácticas
En atención á finalidade do curso selectivo de formación establecido nas bases da convocatoria do proceso selectivo, a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia disporá os departamentos ou servizos administrativos en que o persoal funcionario en prácticas recollido no anexo I deberá realizar esta fase do proceso selectivo.
Durante o período de realización deste curso, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas mediante unha resolución da consellería competente en materia de emprego público que se publicará no Diario Oficial de Galicia. O nomeamento terá efectos desde a data do inicio do curso selectivo de formación.
A realización desta formación, en calidade de persoal funcionario en prácticas, non comporta en ningún caso o desempeño dun posto de traballo.
O persoal funcionario en prácticas estará baixo a dependencia da Axencia de Turismo de Galicia, ben nos seus servizos centrais, ben nas diferentes áreas provinciais.
Cuarto. Duración e xornada de traballo
Segundo o disposto na base II.Bis.2 da convocatoria do proceso selectivo, o curso selectivo de formación terá unha parte teórica e unha parte práctica cunha duración de dous (2) meses, que comezará o día 1 de xuño de 2026 e rematará o 31 de xullo de 2026, ambos incluídos.
A parte teórica desenvolverase en horario laboral para o persoal da Administración da Xunta de Galicia, os días 3, 10, 17 e 23 de xuño e 1, 6, 13, 20 e 27 de xullo, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela.
A parte práctica do curso terá lugar nos días restantes do período indicado anteriormente.
Quinto. Sistema de cualificación
Terminado o curso, as persoas aspirantes terán que superar unha proba teórica, que terá lugar o 27 de xullo ás 13.00 horas, onde acrediten os coñecementos adquiridos. Segundo o disposto na base II.Bis.3 da convocatoria do proceso selectivo, o curso selectivo de formación valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto.
Unha vez rematado o curso selectivo de formación, o persoal funcionario nomeado coordinador das prácticas pola persoa titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, baixo cuxa dependencia prestaron servizo, remitiralle a esta un informe en que manifeste expresamente se o persoal funcionario en prácticas cumpriu ou non satisfactoriamente coa formación e tarefas encomendadas.
A declaración definitiva de apto/a ou non apto/a competerá ao tribunal cualificador do proceso selectivo, logo do informe-proposta da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia.
Para a avaliación do curso selectivo de formación é preciso que o persoal funcionario en prácticas realice polo menos o 90 % da duración total da formación. No caso de que non fose posible por causa de forza maior debidamente xustificada, quedarán dispensados/as de facelo, logo de solicitude da persoa interesada, mediante resolución da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia. De ser o caso, estas persoas quedarán obrigadas a realizar o período de prácticas tras a desaparición da causa impeditiva, coa prelación que lles corresponda atendendo á puntuación obtida na fase de oposición.
Sexto. Non superación do período de prácticas
As persoas aspirantes que non superen o curso selectivo de formación perderán todos os seus dereitos para o nomeamento como persoal funcionario de carreira, por resolución motivada da autoridade que efectuase a convocatoria por proposta da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, oída a Comisión de Persoal.
Sétimo. Situación durante o período de prácticas
Durante o período de prácticas o persoal aspirante será nomeado persoal funcionario en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e demais disposicións de aplicación.
Oitavo. Réxime disciplinario
O persoal funcionario en prácticas estará sometido ao disposto no Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 94/1991, do 20 de marzo, nos termos establecidos no seu artigo 1.1.
Noveno.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou poderase impugnala directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes convocadas para a realización do curso selectivo de formación no proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 e modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024
|
DNI |
Apelidos e nome |
|
***9155** |
López Martínez, María del Pilar |
|
***2164** |
Díaz Gayoso, Lucía María |
|
***0604** |
Carballo Neira, Mónica |
|
***8094** |
Rodríguez Pérez, Cristina |
|
***4542** |
Martín López, Noelia María |
|
***2102** |
Martínez Montes, Mónica |
