De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios, despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da dita Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Ourense, na avenida de Zamora, 13, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 11 de maio de 2026
Cristina Estrella Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense
ANEXO
Expediente: 32S001-149-2025.
Persoa interesada: Upendy Biodreams España, S.L.
CIF/NIF: B16413668.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador en materia de consumo.
Acto adoptado por: Directora territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia en Ourense.
Expediente: 32S001-232-2025.
Persoa interesada: Upendy Biodreams España, S.L.
CIF/NIF: B16413668.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador en materia de consumo.
Acto adoptado por: Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
