DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 30 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2024/13870-1 e sete máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio son emprazadas, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos que se notifican, as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo –ala sur– Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender o establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivamento das actuacións logo da resolución que lle será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 30 de abril de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto
administrativo

2024/13870-1

Y6143070Z

Citación para o recoñecemento

13.4.2026

2026/1732-1

Y3078904T

Citación para o recoñecemento

13.4.2026

2026/1497-1

32973664J

Citación para o recoñecemento

13.4.2026

2024/11156-1

32792360H

Citación para o recoñecemento

6.4.2026

2025/0643-1

71811275P

Citación para o recoñecemento

13.4.2026

2025/3331-1

43679462R

Citación para o recoñecemento

8.4.2026

2026/0675-1

02293732B

Citación para o recoñecemento

27.3.2026

2024/13167-1

12857739A

Citación para o recoñecemento

7.4.2026