De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas dos ditos actos administrativos de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen.
Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Serra dos Ancares, 68, 27071, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifican se lles outorga ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días hábiles para emendaren as súas solicitudes, desde o día seguinte ao da notificación efectuada por comparecencia. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude e procederase ao arquivamento do expediente, logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Lugo, 22 de abril de 2026
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Procedemento BS210A
|
Número expediente |
Persoa |
Contido do acto administrativo |
Data do acto |
|
LU-0000079202 |
Y3449122X |
Requirimento de emenda da solicitude |
19.12.2025 |
|
LU-0000079554 |
33657062N |
Requirimento de emenda da solicitude |
20.1.2026 |
|
LU-0000079659 |
Y2633430J |
Requirimento de emenda da solicitude |
12.1.2026 |
