De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 12 de maio de 2026 do proxecto da planta de valorización de residuos non perigosos no polígono industrial de San Cristovo de Cea, no concello de San Cristovo de Cea (Ourense), promovido por Almyex, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
