A disposición transitoria quinta da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (LOSU), establece no seu número 4 que «Os profesores e profesoras que, no momento da entrada en vigor desta lei orgánica, dispoñan dun contrato de profesor/a contratado/a doutor/a manterán os dereitos e deberes recollidos no contrato mencionado. Logo de solicitude, os/as profesores/as contratados/as doutores/as poderanse integrar na modalidade de profesores/as permanentes laborais, nas mesmas prazas que ocupen, e computarase como data de ingreso a que teñan na modalidade de orixe».
Solicitada por Jorge Lens Leiva, profesor contratado doutor, a súa integración na categoría de profesores/as permanentes laborais, este reitorado, conforme o procedemento establecido mediante o Acordo do Consello de Goberno do 29 de outubro de 2024, en uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica do sistema universitario, e demais disposicións concordantes, resolve integrar a Jorge Lens Leiva, con DNI ***7199**, na categoría de profesores/as permanentes laborais, quen quedará adscrito ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro que estea na súa categoría de orixe, con efectos do 30.4.2007.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición social, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, ante o reitor. Neste caso, non se poderá acudir á vía xudicial ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 18 de maio de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
