DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Baralla (expediente IN407A 2025/19 ATE).

O 30 de xaneiro de 2026, o Departamento Territorial de Lugo ditou a resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA derivada depuradora de auga Baralla.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Baralla, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 10 de outubro de 2025 e no Diario Oficial de Galicia do 16 de outubro de 2025, para que comparezan o día 24 de setembro de 2026 no Concello de Baralla, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Baralla estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Asi mesmo, advírtese a todas as persoas interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 4 de maio de 2026

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Data das actas

Hora

2

59

32

Escairo

Monte alto

Mª Luz Núñez Fernández

24.9.2026

10.00

6

58

833

Rego

Monte alto

Jorge Fernández Fernández

10.00