DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e substitución CT Chapela, 1 (36C937) por CTC, no concello de Redondela, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/519-4).

A instalación denominada LMTS e substitución CT Chapela, 1 (36C937) por CTC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 9 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 9 de xuño de 2026, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Redondela.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicarán a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio, e será informada de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 5 de maio de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Referencia catastral

Lugar

Titular

CT m²

1

7195023NG2779N0001WP

Avenida Vigo-Chapela

Descoñecido

11