DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, de convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2025/86 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 17 de abril de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente IN407A 2025/86 ATE.

Denominación: Adecuación LMT e CT Anovello 27CS38. Concello de Becerreá.

Núm. de predio

Polígono

Parcela

Titular

Data de actas

Hora

1

123

1100

Descoñecido

29.6.2026

10.00