DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT regulamentación apoios 9S2SJ3KW//24 e 9S1P4WXX//25 na VAR805, no concello de Vilanova de Arousa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT regulamentación apoios 9S2SJ3KW//24 e 9S1P4WXX//25 na VAR805, que se realizarán na Casa do Concello de Vilanova de Arousa, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 11 de maio de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/296-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT regulamentación apoios 9S2SJ3KW//24 e 9S1P4WXX//25 na VAR805.

Concello: Vilanova de Arousa.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

1

36061A029000360000LD

Os Agros

Descoñecido

26 de xuño de 2026

13.00