DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30640

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de xaneiro a abril de 2026, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Para os efectos de completar a Resolución do 19 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2025 (DOG núm. 101, do 28 de maio), dáse publicidade dos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre de 2025 e que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Emprego, Comercio e Emigración

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio
e Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela para actividades de avaliación de políticas de emprego e formación no ano 2026.

Fomentar, promover e financiar a realización de investigacións e informes relacionados coa avaliación de políticas de emprego e formación desenvolvidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co fin de coñecer os efectos da súa implementación e mellorar a súa planificación futura en atención aos resultados obtidos, así como para a difusión de coñecementos e investigacións no eido propio da consellería e contribuír a estender a cultura da avaliación.

19.2.2026

75.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e a Secretaría Xeral da Emigración (actual Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) para a promoción do Camiño de Santiago desde as entidades galegas no exterior, pola que se prorroga a súa vixencia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír á promoción do Camiño de Santiago desde as entidades galegas no exterior.

7.2.2026

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Centro Gallego de Maracaibo para contribuír ao mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Maracaibo, Venezuela.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao mantemento da oficina de información e de asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial.

16.2.2026

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Centro Gallego de Puerto La Cruz para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Puerto La Cruz, Venezuela.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial.

16.2.2026

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e das oficinas das provincias.

Establecer o marco da colaboración as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial.

20.2.2026

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires, Arxentina, para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Bos Aires.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á prestación de asistencia ás persoas galegas que residen no Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires que, por razón de carencia ou de dependencia, se atopen en situación de necesidade e non poidan afrontar o custo da súa estadía.

20.2.2026

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Centro Gallego de Mar del Plata, para a atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Mar del Plata (Arxentina) acollida no centro de día.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da atención que se lles presta ás persoas galegas acollidas no centro de día.

20.2.2026

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo, para a atención socio-sanitaria da cidadanía de orixe galega residente en Montevideo (Uruguai).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades socio-sanitarias da cidadanía de orixe galega residente en Montevideo (Uruguai) que se atope en situación de necesidade e non poida afrontar o custo das prestacións que precisa.

20.2.2026

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Hogar Español de Montevideo (Uruguai), para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Montevideo.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á prestación de asistencia ás persoas galegas que se atopen en situación de necesidade e non poidan afrontar o custo da súa estancia nel por razóns de carencia ou dependencia.

20.2.2026

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Salvador de Bahía.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial.

25.2.2026

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Hermandad Gallega de Venezuela coa finalidade de contribuír a atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día Santiago Apóstol de Caracas (Venezuela).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento do custo derivado da atención ás persoas galegas acollidas no centro de día Santiago Apóstol.

3.3.2026

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Hermandad Gallega de Venezuela para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Caracas (Venezuela).

Establecer o marco de colaboración as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio- asistencial e contribuír á atención do colectivo galego de emigrantes residentes en Caracas ou na súa área xeográfica que se atopen en situación de necesidade.

3.3.2026

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Associaçao Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada en Río de Janeiro, Brasil, para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro (Brasil).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a prestación de asistencia á cidadanía de orixe galega que reside na asociación por razóns de carencia ou de dependencia e que non pode afrontar o custo da súa estancia.

3.3.2026

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos para a atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Santos (Brasil).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía de orixe galega residente en Santos (Brasil) que por razóns de idade ou estado físico careza de autonomía persoal e/ou que se atope en situación de necesidade e non poida afrontar o custo das prestacións que precisa.

5.3.2026

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación +34 para a atención das persoas galegas que se atopen en situación de privación de liberdade no exterior e especial necesidade.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación +34, para contribuír na mellora da situación das persoas galegas que se atopen en situación de especial necesidade por causa de privación de liberdade no exterior.

9.3.2026

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sao Paulo, coa finalidade de contribuír á atención das necesidades asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de asistencia social de São Paulo (Brasil).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de asistencia social desta última.

11.3.2026

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento de accións de mellora da empregabilidade dirixidas ás persoas emigrantes retornadas.

Establecer a concesión dunha subvención a Fundación Ronsel para desenvolver as accións de mellora da empregabilidade dirixidas ás persoas emigrantes retornadas especificadas nas metodoloxías recollidas nos anexos I e II.

23.3.2026

200.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Venezolana de Galicia (Fevega) para o mantemento de oficinas de información e asesoramento dirixidas a persoas emigrantes retornadas a Galicia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para articular o financiamento dos gastos derivados do mantemento das oficinas de información e asesoramento da Federación Venezolana de Galicia ás persoas emigrantes galegas retornadas á Comunidade Autónoma galega, así como un servizo de información e asesoramento itinerante.

23.3.2026

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU) para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a persoas emigrantes retornadas.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para articular o financiamento dos gastos derivados do mantemento dunha oficina de información e asesoramento da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU).

23.3.2026

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Academia Galega do Audiovisual para o desenvolvemento dunha programación estable de cinema galego en entidades galegas do exterior.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para desenvolver, por medio das entidades galegas ou das delegacións da Xunta de Galicia, unha programación estable de cinema galego en 12 puntos do exterior a través do Ciclo Mestre Mateo, un proxecto audiovisual orixinal impulsado pola Academia Galega do Audiovisual.

23.3.2026

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a diocese de Tui-Vigo para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Tui-Vigo.

23.3.2026

3.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a diocese de Ourense para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense.

23.3.2026

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a diocese de Mondoñedo-Ferrol para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol.

23.3.2026

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a diocese de Astorga para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Astorga.

23.3.2026

2.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Casa de España en Río de Janeiro, co fin de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega alí residente e para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Río de Janeiro (Brasil).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro que por razóns de idade, estado físico ou situación de carencia, teña problemas de autonomía persoal, así como manter unha oficina de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial.

25.3.2026

50.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de España-Decanato Autonómico de Galicia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a realización das actuacións precisas e necesarias para a detección de inmobles propiedade das persoas emigrantes galegas.

8.4.2026

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a arquidiocese de Santiago de Compostela para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, desde 1850 ata o momento presente.

13.4.2026

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia, para o desenvolvemento de accións que favorezan o retorno e a integración socio-laboral das persoas emigrantes e das súas familias na Comunidade Autónoma de Galicia.

Establecer o marco da colaboración e de actuación coordinada entre as entidades asinantes para desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residan no exterior, así como as que retornen á Comunidade Autónoma galega.

28.4.2026

18.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses para o desenvolvemento de accións de información, asesoramento e sensibilización dirixida a persoas emigrantes retornadas.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para o desenvolvemento de accións de información, asesoramento e sensibilización dirixidas a persoas galegas retornadas á Comunidade Autónoma galega.

28.4.2026

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as tres universidades galegas para o desenvolvemento do Máster Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral, tramitado como anticipado de gasto.

Regular as bases de colaboración para o desenvolvemento dos estudos conducentes ao título de Máster Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral.

18.2.2026

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e os colexios oficiais de graduados sociais da Coruña e Ourense, Pontevedra e Lugo para a prestación do servizo de orientación xurídico-laboral, tramitado como anticipado de gasto.

Regular as bases de colaboración para a prestación do servizo de orientación xurídico-laboral gratuíto para a cidadanía da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2026.

24.2.2026

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Santa María La Real del Patrimonio Histórico, para a implantación en Galicia do Programa Hubs de Activación da Empregabilidade: cuarto, quinto e sexto hub.

Fixar os termos da colaboración para o desenvolvemento no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia do Programa Hubs de activación da empreabilidade: cuarto, quinto e sexto hub, para conseguir a activación persoal e profesional de persoas desempregadas vulnerables e con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral, así como o impulso da súa empregabilidade.

03.3.2026

156.175,00€

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións de Xestión Universitaria (Cixug) para o fomento do emprendemento a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbito universitario de Galicia.

Colaboración das 3 universidades galegas no proceso de cualificacións das iniciativas empresariais de base tecnolóxica (IEBT) en Galicia, a través do Comité de IEBT, impulsando o fomento da cultura emprendedora e o espírito empresarial innovador entre a poboación universitaria, e prestando apoio e asesoramento técnico ás persoas promotoras na realización do plan de empresa e no plan económico-financeiro, así como na posta en marcha dos proxectos e na tramitación dos expedientes de solicitude de cualificación de IEBT.

16.4.2026

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Xoves Empresarios AJE Galicia para a realización de actividades de fomento do emprendemento, integradas no programa anual de actividades do Centro de orientación, emprendemento, acompañamento e innovación para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Realización de actividades de fomento do emprendemento.

16.4.2026

160.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Juana de Vega para o financiamento da coordinación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Coordinación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

20.4.2026

350.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster do E-Commerce Galego para a realización do programa de formación en E-Commerce dirixido a persoas emprendedoras, integrado no programa anual de actividades do Centro de orientación, emprendemento, acompañamento e innovación para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Realización do programa de formación E-Commerce dirixido a persoas emprendedoras.

22.4.2026

120.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Cultural Sende para a realización do proxecto Fixar, de emprendemento e coliving, para asentar poboación no rural galego, integrado no programa anual de actividades do Centro de orientación, emprendemento, acompañamento e innovación para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Realización do proxecto Fixar, de emprendemento e coliving para asentar poboación no rural galego.

24.4.2026

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e Manuela Blanco Jiménez para o desenvolvemento de prácticas non laborais.

O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa Manuela Blanco Jiménez.

12.1.2026

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e Talleres Arzuadeza, S.L. para o desenvolvemento de prácticas non laborais.

O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa Talleres Arzuadeza, S.L.

23.1.2026

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Concello de Ferrol para a acreditación da formación para o emprego impartida polo Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol.

Recoller as características e condicións que debe reunir a formación proposta polo do Concello de Ferrol para que as persoas alumnas participantes que finalicen con avaliación positiva todos os módulos formativos reciban os correspondentes certificados profesionais.

16.3.2026

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Xestión e distribución dos fondos das axudas económicas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

9.3.2026

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas para a posta en funcionamento da nova praza de abastos.

Desenvolvemento do proxecto de posta en funcionamento da nova praza de abastos.

29.4.2026

200.000,00 €

ANEXO II

Convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos pola Consellería
de Emprego, Comercio e Emigración no primeiro cuadrimestre de 2025

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela para actividades de avaliación de políticas de emprego e formación.

Fomentar, promover e financiar a realización de investigacións e informes relacionados coa avaliación de políticas de emprego e formación desenvolvidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co fin de coñecer os efectos da súa implementación e mellorar a súa planificación futura en atención aos resultados obtidos, así como para a difusión de coñecementos e investigacións no eido propio da Consellería e contribuír a estender a cultura da avaliación.

13.2.2025

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego e NTT Data Spain, S.L.U. para a acreditación das accións de formación realizadas no Centro de Novas Tecnoloxías (CNTG).

Establecer fórmulas de colaboración no ámbito da formación para o emprego, en particular na formación dos profesionais do sector das TIC; na detección de tendencias tecnolóxicas que permitan ofertar actividades formativas actualizadas e adaptadas ás innovacións tecnolóxicas e ás necesidades e demanda do mercado TIC; e na organización e o apoio loxístico para a realización de actividades.

13.2.2025

Sen contido económico