De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, a entidade beneficiaria e a cantidade concedida.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.322C.481.3 da Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento TR358A).
As persoas interesadas poden acceder e consultar a lista de beneficiarias das subvencións, coa indicación da convocatoria e da contía da subvención concedida, na seguinte ligazón:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/815055/concesiones
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
