DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30636

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, programa Fórmate na Empresa (código de procedemento BS324D).

No Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro de 2026, publicouse a Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, programa Fórmate na Empresa (código de procedemento BS324D).

Na dita orde, o punto 4 do artigo 8 establece que a redistribución do crédito inicial entre as aplicacións se poderá levar a cabo conforme o previsto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O punto 5 do mesmo artigo establece que, de acordo co artigo 30.2 do devandito decreto, se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. Para iso será necesario o informe favorable previo por parte do organismo intermedio do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (actualmente, a Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos).

No Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 14 de abril de 2026, publicouse a Resolución do 27 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 26 de marzo de 2026 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, programa Fórmate na Empresa (código de procedemento BS324D).

Unha vez publicada a concesión destas subvencións, existe un remanente de crédito por unha contía de 146.590,83 € na aplicación orzamentaria 2026 13 05 313A 460.0 destinada ao cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, que permite financiar 2 programas de estadías formativas de entidades sen ánimo de lucro da lista de agarda con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.481.0. Consta no expediente o informe favorable da Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos do día 23 de abril de 2026.

Así, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como na Orde do 17 de decembro de 2025, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a redistribución de crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, programa Fórmate na Empresa (código de procedemento BS324D), e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria.

Procedemento

Aplicación orzamentaria

Importe

BS324D-Programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas

13.05.313A.460.0

-146.590,83 €

BS324D-Programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por entidades privadas sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia

13.05.313A.481.0

146.590,83 €

Segundo. Esta modificación non implicará a apertura do prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024; DOG núm. 130, do 5 de xullo)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude