DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30773

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de tres postos mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido nos artigos 88 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 138 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024 pola que se establecen a estrutura orgánica dos servizos centrais da UDC e as competencias dos seus órganos de goberno,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a eles todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas á xerente da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria. A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio do Reitorado, rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña), no rexistro auxiliar de Ferrol (Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou a través das restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante este Reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 18 de maio de 2026

Mª Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Núm. de posto

Denominación

Centro

Grupo

Comple. destino

Comple.

específ.

Forma

provisión

794

Responsable da Oficina do Reitor

Oficina do Reitor

A2/C1

25

1.177,33

Libre designación

795

Responsable da Oficina da Secretaría Xeral

Oficina da Secretaría Xeral

A2/C1

25

1.177,33

Libre designación

356

Secretario/a

Secretaría da Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

A2/C1

21

701,32

Libre designación

Requisitos: funcionarios/as de carreira dos grupos que se indican para o posto, con destino definitivo na Universidade da Coruña.

missing image file