DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para agregación de dúas parcelas na rúa Xoán Montes, números 7 e 9, correspondentes ás unidades edificatorias 120511 e 120510 do Plan especial de protección e reforma interior (PEPRI).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 10.12.2025, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para agregación de dúas parcelas na rúa Xoán Montes, números 7 e 9, correspondentes ás unidades edificatorias 120511 e 120510 do Plan especial de protección e reforma interior do recinto amurallado da cidade de Lugo, promovido pola entidade mercantil Cysem Construcciones y Suministros Electromecánicos, S.L.

Segundo. Someter o estudo de detalle ao trámite de información pública, consonte o disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, polo prazo dun (1) mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Así mesmo, notificaráselle individualmente á persoa titular catastral dos terreos afectados.

Terceiro. Solicitar o informe da consellería competente en materia de patrimonio cultural e, de ser o caso, os demais informes sectoriais preceptivos».

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 13 de marzo de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto 10280/2025)
Jorge Bustos Atanasio
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Deportes e Xuventude