DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionarios/as de carreira coas categorías de traballador/a social (quenda libre da oferta de emprego público 2023), traballador/a social, axente igualdade (quenda libre da oferta de emprego público 2024) e técnico/a da Administración xeral (quenda promoción interna da oferta de emprego público 2024), administrativos/as e oficial electricista (quenda promoción interna da oferta de emprego público 2025).

A Concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolucións do 18.3.2026, 27.3.2026, 8.4.2026 e 9.4.2026, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Tamara Bouzón Vila, DNI ***6279**, para ocupar unha praza de traballador/a social da escala de Administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre da OEP do ano 2023.

– Teresa Ventín Picallo, con DNI ***6034**, para ocupar unha praza de traballador/a social de Administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre da OEP do ano 2024.

– María Mercedes Renda Melón, con DNI ***4783**, para ocupar unha praza de axente de igualdade de Administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre da OEP do ano 2024.

– María del Pilar Riveiro Rodríguez, con DNI ***8733**, para ocupar unha praza de técnico/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna da OEP do ano 2024.

– Francisco Javier Pintado Díaz, con DNI ***2750**, para ocupar unha praza de oficial electricista da escala de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna da OEP do ano 2025.

– Ana María Durán Penabad, con DNI ***8068**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna da OEP do ano 2025.

– Raquel Gago Rodríguez, con DNI ***2900**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna da OEP do ano 2025.

– Alejandro Carballa Rodríguez, con DNI ***8116**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna da OEP do ano 2025.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante a Sección do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consieren procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 27 de abril de 2026

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 12.2.2026)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados