Logo de aprobar inicialmente o plan parcial de referencia pola Resolución de Alcaldía núm. 2026-0251 de 26.2.2026 de conformidade coa Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública por prazo de dous (2) meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:
https://www.ribadeo.gal
Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes ou obter copias.
Así mesmo, suspéndese o outorgamento por un ano das licenzas urbanísticas na área afectada polo plan especial e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.
Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.
Ribadeo, 23 de marzo de 2026
Daniel Vega Pérez
Alcalde
