En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Stolt Sea Farm, S.A.
CIF: ****9298*.
Expediente: DH.A15. 94126.
Volume total anual: 10.008 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 2,23 l/s.
Orixe: Manancial Cabo Vilán. X= 482.900; Y= 4.777.729 (coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: O Cabo Vilán.
Parroquia: Camariñas (San Xurxo).
Concello: Camariñas (A Coruña).
Destino: usos domésticos e acuicultura.
Lugar: O Cabo Vilán.
Parroquia: Camariñas (San Xurxo).
Concello: Camariñas (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
Trátase dunha captación dun manancial situado na parcela 15016A036000020000LO, onde se recolle a auga nunha caseta de formigón para dar auga ao faro e museo próximos. As sobrantes deste manancial recóllense nunha arqueta de formigón e son as que se utilizarían nesta concesión.
Desde este punto as augas condúcense ata un depósito situado na mesma parcela, á entrada dunha piscifactoría, e utilízanse como usos domésticos para o persoal traballador das instalacións, así como para usos de acuicultura na propia piscifactoría.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
A Coruña, 3 de xullo de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
