DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 27 de maio de 2026 Páx. 30826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.11839, outorgada o 20 de xuño de 2007, no concello de Gondomar (expediente DH.A36.113921).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios A Cernada.

Expediente: DH.A36.113921.

Volume total anual: 12.082,50 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,09 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: oito (8) mananciais (M1 a M8) e un (1) pozo (P1).

M1, M2 na parcela 185.

M3 na parcela 9001.

M4 na parcela 92.

M5, M6 na parcela 95.

M7, M8 na parcela 96.

P1 na parcela 178.

Todas do polígono 9 do Catastro de Gondomar.

Lugar: A Cernada.

Parroquia: Vincios.

Concello: Gondomar.

Descrición:

A auga das captacións reúnese a través de distintas arquetas para conducila a un depósito na parcela 142, pol. 9, do que parte a rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 20 de xaneiro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur