En cumprimento do previsto no artigo 53.3.a) e 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización e autorización de obras:
Solicitante: Beatriz Díaz Fernández.
NIF: ***9359**.
Expediente: DH.W27.106185.
Lugar: A Ermida.
Parroquia: San Martiño de Mondoñedo.
Concello: Foz.
Descrición das actuacións:
Rehabilitación da construción auxiliar anexa á vivenda, construción de beirarrúa, execución de movemento de terras e de muro de contención, na parcela con referencia catastral 27019A011001110000TS, na zona de policía dun rego innominado (ID 950140080291).
A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Lugo, 4 de maio de 2026
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
