O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión do 28 de abril de 2026, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relaciona:
Nome do monte: ampliación de Ordes e Veiga.
Superficie: 13,85 ha.
Pertenza: CMVMC da parroquia de Ordes.
Parroquia: Porqueira (Santa María), Ordes (Santa María).
Concello: Porqueira, Rairiz de Veiga.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único:
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32063C50205029 |
Norte |
32068A07301821 32068A07309016 32068A07401157 |
|
Leste |
32068A07401157 32063B50109003 32063B50209004 |
|
|
Sur |
32063B50209004 |
|
|
Oeste |
32063B50209004 32063A07309014 32063A07301920 32068A07301821 |
|
O que se pon en coñecemento de todos as persoas interesadas indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Ourense, 11 de maio de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense
