DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 28 de maio de 2026 Páx. 31203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 18 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, polo que se somete ao trámite de exposición pública a solicitude de cualificación provisional de Arredonda CD Santiago, S.L. como empresa de inserción en Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 9.1 da Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción, faise público que por espazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de cualificación provisional de Arredonda CD Santiago, S.L. como empresa de inserción en Galicia, co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, no Servizo de Promoción da Economía Social, en horario de atención ao público (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

ANEXO

Expediente: 66/031/2026/EIP.

Solicitante: Arredonda CD Santiago, S.L.

NIF: B24927527.

Domicilio social: rúa Carretas, 29. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Enderezo do centro de traballo: Centro Violetas, bloque 36, barrio das Flores. 15008 A Coruña.

Actividade: actividades de xardinaría (CNAE 8130).

Entidade promotora: Fundación Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.

Tipo de cualificación solicitada: provisional.