Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT As Meneiroas, no concello da Laracha (expediente IN407A 2018/084-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar no Edificio Administrativo do mencionado concello, sito na avenida de Fisterra, 60, 3º.
A Coruña, 11 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2018/084-1.
Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.U.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT As Meneiroas.
Concello: A Laracha.
|
Predio |
Lugar |
Datos catastrais |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
Chousa de Arriba |
Polígono: 67 Parcela: 302 |
Alfonso López Veira e outros |
11.6.2026 |
10.00 |
