Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol en LMT SDG705 apoio B3161K6R, no concello de Curtis (expediente IN407A 2023/394-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 11 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/394-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Instalación de telecontrol na LMT SDG705 o apoio B3161K6R.
Concello: Curtis.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
1 |
Pasaxe |
15032A034000400000DY |
Descoñecida |
26.5.2026 |
