A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia xustifícase polas modificacións introducidas polo Decreto 36/2026, do 4 de maio, polo que se modifica o Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
En consecuencia, por proposta da Axencia Tributaria de Galicia, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de maio de 2026, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Clasificar, polo sistema de libre designación, o posto que a seguir se indica, en aplicación do criterio de excepcionalidade que se sinala, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
|
CÓDIGO DO POSTO |
DENOMINACIÓN |
CRITERIO |
|
FC.A20.00.005.15770.020 |
XEFATURA DEPARTAMENTO DE DESENVOLVEMENTOS FUNCIONAIS E ESTATÍSTICOS |
ESPECIAL RESPONSABILIDADE POR GARANTIR A PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS |
Terceiro. Publicar o criterio de clasificación, polo sistema de libre designación, do posto sinalado a continuación, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do seguinte posto de traballo cuxa modificación foi aprobada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24.6.2024.
|
CÓDIGO DO POSTO |
DENOMINACIÓN |
CRITERIO |
|
FC.A20.00.001.15770.014 |
XEFATURA DEPARTAMENTO PLANIFICACIÓN CONTROL TRIBUTARIO |
ESPECIAL RESPONSABILIDADE POR GARANTIR O ADECUADO EXERCICIO DE AUTORIDADE E/OU INSPECCIÓN ADMINISTRATIVA DA XUNTA DE GALICIA |
Cuarto. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de maio de 2026, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
