De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n (15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026
Iván Marante Rodríguez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo
ANEXO
|
Expediente/Recurso |
NIF |
Acto obxecto de notificación |
|
IN408A 2024/016 IPACI-DXERCC-SC-2026-003.10 |
34147819H |
Requirimento de emenda da solicitude de recoñecemento da condición de interesada |
|
IN408A 2024/016 IPACI-DXERCC-SC-2026-003.11 |
34251665L |
Requirimento de emenda da solicitude de recoñecemento da condición de interesada |
