Mediante a Resolución do 24 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, outorgouse a declaración de utilidade pública á modificación do proxecto do parque eólico Outes, sito nos concellos de Outes e Negreira (A Coruña) e promovido por Norvento, S.L.U. (expediente IN661A/2010/13).
Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na dita resolución, despois dos intentos efectuados. As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 981 54 55 73 ou no enderezo electrónico sxrenovables.medio-ambiente@xunta.gal. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU. Transcorrido o prazo indicado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Asemade, para dar cumprimento ao artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, mediante o presente anuncio tamén se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por este proxecto, segundo o calendario e o horario recollidos no anexo. Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026
Paula María Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Relación de persoas interesadas descoñecidas, de domicilio ignorado ou non notificadas, coa identificación das parcelas afectadas.
Actos que se notifican:
• Resolución do 24 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, á modificación do proxecto parque eólico Outes, sito nos concellos de Outes e Negreira (A Coruña) e promovido por Norvento, S.L. (expediente IN661A 2010/13).
• Levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Outes (IN661A 2010/13).
Expediente: parque eólico Outes (expediente IN661A 2010/013).
Solicitante: Norvento, S.L.
|
Predio |
Convocatoria levantamento actas previas |
Persoa/Razón social |
|||||
|
Núm. predio |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Día |
Hora |
Concello |
|
|
5 |
27 |
445 464 9008 |
Campo Grande |
17.6.2026 |
9.30 |
Outes |
Vicente Tuñas Fontáns |
|
6 |
27 |
463 446 |
Campo Grande |
17.6.2026 |
9.30 |
Outes |
Vicente Tuñas Fontáns |
|
11 |
27 |
442 443 9008 |
Campo Grande |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Hdros. de Domingo Sieira Blanco |
|
12 |
27 |
448 |
Campo Grande |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Hdros. de Domingo Sieira Blanco |
|
49 |
27 |
360 |
Saltadores |
17.6.2026 |
9.30 |
Outes |
Vicente Tuñas Fontáns |
|
93 |
27 |
686 |
Canle dos Bellotes |
17.6.2026 |
9.30 |
Outes |
Vicente Tuñas Fontáns |
|
95 |
27 |
686 |
Canle dos Bellotes |
17.6.2026 |
9.30 |
Outes |
Vicente Tuñas Fontáns |
|
96A |
27 |
251 |
Monte Agudo |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
96B |
27 |
250 |
Monte Agudo |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
104A |
27 |
682 |
Monte Agudo |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
250A |
29 |
509 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
250B |
29 |
510 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
250C |
29 |
511 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
250D |
29 |
512 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
250E |
29 |
513 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
250F |
29 |
514 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
250G |
29 |
515 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
250H |
29 |
516 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
250J |
29 |
518 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
10.30 |
Outes |
Descoñecido |
|
264 |
29 |
519 |
Fervenzas |
17.6.2026 |
11.30 |
Outes |
José Antelo Lourido |
