DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 28 de maio de 2026 Páx. 31180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2022/388-1).

Expediente: IN407A 2022/388-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Modificado I de regulamentación LMTA SMR706 entre os apoios nº 104-12 e nº 104-16 e CT Confurco.

Concello: Ferrol.

Feitos:

1. UFD Distribución Electricidad, S.A. é a promotora das instalacións do proxecto de execución denominado Regulamentación LMTA SMR706 entre apoios nº 104-12 e nº 104-16 e CT Confurco. O proxecto ten a finalidade de substituír un centro de transformación por remate da súa vida útil.

Mediante a Resolución do 21 de marzo de 2024 (DOG do 16 de abril), da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación, concedeuse autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións descritas no antedito proxecto.

O 12.11.2025, UFD solicita a autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, do modificado do proxecto denominado Modificado I de reglamentación LMTA SMR706 entre os apoios nº 104-12 e nº 104-16 e CT Confurco. O obxecto do modificado é xustificar os cambios necesarios no proxecto motivados pola necesidade de respectar distancias a viarios e lindeiros dos apoios impostos polo Concello de Ferrol.

O proxecto modificado inclúe memoria, planos e presuposto, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000. O conxunto do proxecto quedaría composto polos seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Regulamentación LMTA SMR706 entre os apoios nº 104-12 e nº 104-16 e CT Confurco, asinado por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, número de colexiado 1534 de Galicia, o 13.4.2022.

– Anexo ao proxecto de regulamentación LMTA SMR706 entre os apoios nº 104-12 e nº 104-16 e CT Confurco, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, número de colexiado 15.670 de Madrid, o 5.10.2022 co nº de visado (declaración responsable en anexo).

– Modificado I de regulamentación LMTA SMR706 entre os apoios nº 104-12 e nº 104-16 e CT Confurco, asinado por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial especialidade Electricidade, número de colexiado 1534 de Galicia, o 2.10.2025.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 13.3.2026.

– BOP: 24.2.2026.

– Xornal La Voz de Galicia: 10.3.2026 (ed. Ferrol).

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 14.4.2026.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ferrol e Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 30.4.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar do Confurco, no concello de Ferrol, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo caseta de obra civil Confurco (expediente 32.057/matrícula: 15CN67) de 50 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, emprazado no lugar do Confurco, Doniños (termo municipal de Ferrol).

– En substitución do CT tipo caseta de obra civil Confurco, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar en parcela con acceso desde vial público tamén sita no lugar do Confurco, Doniños (termo municipal de Ferrol).

– Modificación da LMT SMR-706 consistente na instalación entre o apoio s/n (matrícula: AJSAN4L4) metálico tipo A-AL-CH-1600/11-CR1-CA e o apoio nº 104-13 de formigón tipo A-AL-HV-1600/11-CR1-CA, tras da caseta ocupada polo actual CT Confurco para desmantelar, dun novo apoio metálico tipo A-AG-C-1000-16-D15(BA)-CAIII, que se identificará como apoio nº 104-12. Esta operación implicará a creación de dous (2) novos vans de liña, de 21 metros de lonxitude entre o apoio s/n (matrícula: AJSAN4L4) e o apoio nº 104-12 proxectado e de 26 metros de lonxitude entre o apoio nº 104-12 proxectado e o apoio nº 104-13, sobre os que se tenderá novo condutor tipo LA-56.

– Substitución do apoio nº 104-16 de formigón tipo HV-400/12-CR1-CA polo novo apoio metálico de celosía de tipo C-1000/14-H35-CA, en que instalarán un paso aéreo-soterrado (PA/S) con xogo de pararraios autoválvulas e elementos de seccionamento tipo XS.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 207 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 150 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio nº 104-16 proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos de este departamento territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 5 de maio de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Ferrol

Nº de parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

2

Picadeira 15037A031001850000PO

Matogueira

Descoñecido

104-16

2.0

8

24

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.