Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio 9DTRBEC3//D28-A28-12 e instalación de RC na LMTA VIM802, no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2023/421-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 11 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/421-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución do apoio 9DTRBEC3//D28-A28-12 e instalación de RC na LMTA VIM802.
Concello: Vimianzo.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
1 |
Gándara Vella |
15093A046002330000QZ |
Descoñecida |
26.5.2026 |
