Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 8 de abril de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade Fuciños Rivas, S.L.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMTS, Martagona-Furelos e CT Furelos III, no concello de Melide (expediente IN407A 2025/245-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Conselleira de Economía e Industria no prazo dun (1) mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 11 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Melide
|
Núm. parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afectación de solo en pleno dominio |
Afectación de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio núm. |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
O Campo 15047A052003470000GI |
Prados e pradarías |
María Ángeles Mosteiro López |
CT |
60 |
||||
