DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 28 de maio de 2026 Páx. 31059

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2026.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no primeiro cuadrimestre do ano 2026, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data da sinatura

Acordo de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega, ano 2026.

Sen achega económica

14.4.2026