DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 28 de maio de 2026 Páx. 31049

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 16 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2025 (DOG núm. 184, do 24 de setembro), dáse publicidade ao convenio de colaboración pendente de publicar subscrito no segundo cuadrimestre de 2025 pola Consellería do Medio Rural e que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026

Marta Forés Lojo
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (O Agro, Labranza e Ferrado e medio), 2026.

Establecer as condicións de colaboración técnica e financeira para o desenvolvemento dos espazos O Agro, Labranza e Ferrado e medio, que emite a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A., a quen lle corresponde o establecemento da liña editorial e a consecuente responsabilidade sobre os contidos emitidos.

13.3.2026

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e os concellos do Páramo e Paradela para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación e mellora estrada de Grallás, de titularidade dos concellos do Páramo e Paradela e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

31.3.2026

136.871,09 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da pavimentación da vía municipal entre Muíño da Ponte (Corzáns) e Nogueiró (Meder), de titularidade do Concello de Salvaterra de Miño e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

31.3.2026

98.222,80 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Abegondo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación de estrada municipal desde AC-542 Cerneda, de titularidade do Concello de Abegondo e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

1.4.2026

199.980,17 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello das Neves para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación de camiño rural Sandomedio (Taboexa), de titularidade do Concello das Neves e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

1.4.2026

196.830,87 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e os concellos de Tordoia e Trazo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do firme estrada DP-8401 a Restande, de titularidade dos concellos de Tordoia e de Trazo e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

1.4.2026

352.978,83 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento e mellora das vías de acceso O Xuncal-Santo Estevo de Valcarría, de titularidade do Concello de Viveiro e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

1.4.2026

218.828,39 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Estrada para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Memoria de camiños rurais na Aldea Grande-Paradela, de titularidade do Concello da Estrada e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.393,84 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Pastoriza para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Adecuación de camiños municipais nas parroquias da Regueira e Pastoriza, de titularidade do Concello de Pastoriza e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.365,54 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Pastoriza para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Adecuación de camiños municipais nas parroquias da Regueira, Lagoa, Vián e Úbeda, de titularidade do Concello de Pastoriza e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.360,92 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Pastoriza para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Adecuación de camiños municipais na parroquia de Pousada, de titularidade do Concello de Pastoriza e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.399,13 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Veiga para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación e renovación da rede de sumidoiros N.R. de Prado, de titularidade do Concello da Veiga e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Baleira para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Rexeneración de firme asfáltico no acceso desde Trembedo á Pena, de titularidade do Concello de Baleira e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.159,54 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Bande para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da vía no tramo entre os núcleos de Corvelle e Calvos, de titularidade do Concello de Bande e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

43.706,86 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Begonte para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento dun camiño municipal nos lugares de Goldar, A Vila Pequena e A Estrada, pertencentes á parroquia de Saavedra, de titularidade do Concello de Begonte e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

46.850,61 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boborás para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mantemento e reparación de accesos a Borraxas, Fondo de Cameixa e Brués, de titularidade do Concello de Boborás e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

47.896,76 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boqueixón para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora das vías Donas-Engas, de titularidade do Concello de Boqueixón e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.392,52 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Campo Lameiro para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Repavimentación camiño A Laxe en Fragas, de titularidade do Concello do Campo Lameiro e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.399,94 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cenlle para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de acceso a Cuñas, de titularidade do Concello de Cenlle e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.349,99 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cerdedo Cotobade para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Saneamento e pavimentación no núcleo de Calva da Viña (San Xurxo de Sacos), de titularidade do Concello de Cerdedo Cotobade e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.397,98 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Coirós para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Vías rurais no Castrillón, de titularidade do Concello de Coirós e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.388,53 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cortegada para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reconstrución de muros de contención de camiños nas parroquias de Meréns e Valongo, de titularidade do Concello de Cortegada e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Covelo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación de pista de Salcedo na Graña, de titularidade do Concello de Covelo e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.399,32 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Crecente para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento de vías municipais no Surreiro-Padroso e Os Cotiños, de titularidade do Concello de Crecente e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

33.077,69 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Esgos para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do camiño no núcleo de Lobaces, de titularidade do Concello de Esgos e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Friol para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reparación viaria dos accesos aos núcleos rurais de Froxelle e Córneas, de titularidade do Concello de Friol e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

45.347,04 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Fornelos de Montes para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación con formigón de camiño municipal en Vilán, parroquia de Fornelos de Montes, de titularidade do Concello de Fornelos de Montes e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

22.737,59 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Guntín para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reparación viaria nos accesos a Martín e Xoaine de Abaixo, de titularidade do Concello de Guntín e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.378,09 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Guntín para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reparación viaria nos accesos de Gomelle a Casanova e a Vigo de Zolle, de titularidade do Concello de Guntín e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.324,05 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Laxe para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de vías no lugar do Campodorreiro e Mórdomo, parroquia de Traba, de titularidade do Concello de Laxe e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.388,02 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Montederramo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do acceso pista A Pena Branca, de titularidade do Concello de Montederramo e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.395,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Monterrei para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiño desde o núcleo da Madanela ata o núcleo de San Cristovo, de titularidade do Concello de Monterrei e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Outeiro de Rei para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento dun camiño municipal nos lugares de Caboi e Astariz na parroquia de Caboi, de titularidade do Concello de Outeiro de Rei e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.396,15 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Oia para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiños en Mougás, Loureza e Santa María de Oia, de titularidade do Concello de Oia e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.397,59 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Páramo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación e mellora estrada de Salgueiredo a Santa Andrea, de titularidade do Concello do Páramo e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.305,43 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Pantón para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiño municipal Segade-Vilamirón, de titularidade do Concello de Pantón e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.393,20 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Paradela para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento de camiño rural entre os núcleos de A Parrocha a Preselas na parroquia de Castro de Rei de Lemos, de titularidade do Concello de Paradela e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

46.723,61 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Pontedeva para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de pavimentos na Abelleira e Freáns de Deva, de titularidade do Concello de Pontedeva e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.148,67 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Portas para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiño en Piñeiro, Briallos, de titularidade do Concello de Portas e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.089,34 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Quiroga para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación do aceso á aldea modelo de Bustelo de Fisteus, de titularidade do Concello de Quiroga e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.236,65 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ribadumia para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiño de acceso a instalacións municipais na Regueira (Leiro), de titularidade do Concello de Ribadumia e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.383,41 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Rubiá para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do acceso á adega A Tapada, de titularidade do Concello de Rubiá e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Sober para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación do acceso ao núcleo de Cacedo, de titularidade do Concello de Sober e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

45.531,97 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilarmaior para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de ancho en zonas puntuais de vía no Cabezal, de titularidade do Concello de Vilarmaior e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

70.266,70 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilasantar para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reforzo do firme da calzada con MBQ de camiño no lugar de Cernadas, de titularidade do Concello de Vilasantar e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.398,96 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reposición do firme e da rede de saneamento no tramo inicial da pista do Pombal-Vieiro, de titularidade do Concello de Viveiro e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.272,47 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reposición do firme en varios tramos de vías sitas na parroquia de Galdo, de titularidade do Concello de Viveiro e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.386,18 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reposición do firme en varios tramos de vías sitas nas parroquias de Vieiro e Covas, de titularidade do Concello de Viveiro e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.286,30 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Valga para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiño de acceso a Beiro, de titularidade do Concello de Valga e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

2.4.2026

48.397,46 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Dozón para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Ampliación obra de paso no Rego de Pulgán, de titularidade do Concello de Dozón e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

5.4.2026

47.857,88 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Fonsagrada para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Rexeneración do firme asfáltico no acceso de Pin a Bruicedo e Teixeira, de titularidade do Concello da Fonsagrada e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

48.356,90 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Pontenova para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da rede viaria en Pacios-Labrada, de titularidade do Concello da Pontenova e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

48.384,81 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Ensanche e pavimentación da vía municipal O Couto-O Souto, de titularidade do Concello de Arbo e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

131.658,90 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carballedo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación de camiño municipal estrada Trasar-estrada A Estivada, de titularidade do Concello de Carballedo e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

48.175,62 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Marín para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento e pavimentación de camiño municipal na Agrela, de titularidade do Concello de Marín e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

48.373,68 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Palas de Rei para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación accesos a Vilaspesa, de titularidade do Concello de Palas de Rei e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

47.502,41 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Porqueira para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do firme de pista municipal en San Lourenzo, de titularidade do Concello de Porqueira e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

47.005,77 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ribadeo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación dos camiños de acceso aos Guildeiros e ás Casas Novas, parroquia de Ove, de titularidade do Concello de Ribadeo e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

48.324,04 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Riotorto para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra execución de pavimento de aglomerado desde Boliqueira ao Castro, de titularidade do Concello de Riotorto e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

57.561,81 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilanova de Arousa para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación camiño A Aduana de Corón, de titularidade do Concello de Vilanova de Arousa e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

47.555,99 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilar de Barrio para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de acceso á ermida de San Mamede, de titularidade do Concello de Vilar de Barrio e destinada ao uso público, conforme o proxecto establecido.

7.4.2026

48.395,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural, a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, a Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño, a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terra de Celanova, a Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense e a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda para a consolidación do Programa en que se establecen 22 brigadas de prevención e extinción de incendios por un período de seis meses, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

Establecer o marco de participación e de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, a Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño, a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terra de Celanova, a Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense e a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda para a consolidación do programa en que se establecen 22 brigadas de prevención e extinción de incendios por un período de seis meses, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de todos os recursos que se inclúen neste convenio.

23.4.2026

1.914.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e a Comunidade de Madrid, a través da Consellería do Medio Ambiente, Agricultura e Interior e a Axencia para a Administración Dixital de Madrid, para a cesión á Comunidade de Madrid do sistema informático Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN) e dos módulos complementarios do sistema XESGAN relacionados coa súa funcionalidade (SIGAN, REGAN, MOGAN e INGAN).

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e a Amtega, pon á disposición da Dirección Xeral de Agricultura, Gandaría e Alimentación da Consellería do Medio Ambiente, Agricultura e Interior da Comunidade de Madrid os dereitos de uso da aplicación da súa propiedade Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN), así como dos módulos relacionados do sistema de xestión gandeira XESGAN (SIGAN, REGAN, MOGAN e INGAN), para a súa implantación e utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Madrid.

30.4.2026

Sen achega económica

ANEXO II

Convenio de colaboración subscrito pola Consellería do Medio Rural no mes de xullo do ano 2025

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela para a vixilancia das carrachas e dos mosquitos vectores de enfermidade humana e animal dentro da Rede galega de vixilancia de vectores (Regavivc).

A finalidade do convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a USC e a UVigo para a prestación do apoio técnico científico e o desenvolvemento das actividades relacionadas coa vixilancia e control de carrachas e mosquitos vectores de enfermidades en Galicia a través da Rede galega de vixilancia de vectores (Regavivec).

22.7.2025

Sen achega económica