O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa traballadora o dereito á folga.
O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e nas competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.
O desempeño da prestación da asistencia sanitaria non pode verse afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este. Isto implica a necesidade de conxugar o dito exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, para preservar, en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos devanditos servizos.
O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.
O Sindicato Estatal de Técnicos Superiores Sanitarios (Sietess) comunicou unha folga que afectará os técnicos superiores sanitarios que teñan a condición de empregados públicos, entre os que se atopan os que prestan servizos nos centros e establecementos sanitarios dependentes do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo consta literalmente na convocatoria, a folga levarase a efecto o día 29 de maio de 2026, venres, en xornada completa, iniciándose ás 8.00 horas do día 29 e finalizando ás 22.00 horas, coa excepción das quendas nocturnas. A quenda nocturna clásica (das 22.00 ás 8.00 horas) iniciará a folga ao comezo da súa quenda, ás 22.00 horas do día previo, e naqueles hospitais e centros de traballo con modalidade de quenda nocturna de 12 horas (das 20.00 ás 8.00 horas), a folga iniciarase para o persoal con este horario ás 20.00 horas do día previo, o 28 de maio, xoves. A folga finaliza ás 22.00 horas do venres 29 de maio.
Cómpre sinalar que a determinación dos servizos mínimos debe realizarse en cada convocatoria atendendo ás circunstancias concorrentes e non existe dereito a manter inalterables as dotacións fixadas en convocatorias anteriores. Neste sentido, as referencias a exercicios precedentes non constitúen parámetro vinculante, senón que deben ser valoradas conxuntamente coas condicións actuais de funcionamento dos servizos e co volume de actividade asistencial existente.
A determinación das presenzas mínimas responde a unha avaliación técnica das necesidades asistenciais, caracterizadas pola súa variabilidade e pola imposibilidade de previsión en moitos ámbitos, especialmente na atención urxente, nos procesos hospitalarios e nas probas diagnósticas imprescindibles para a toma de decisións clínicas inmediatas.
Neste sentido, unha parte relevante da actividade desenvolvida polos servizos centrais e polas unidades diagnósticas non é programable, senón que está directamente vinculada á atención de procesos urxentes ou de evolución clínica incerta, nos cales a realización de probas complementarias resulta imprescindible e inaprazable.
Todo isto impide a aplicación dun criterio único e ríxido para o conxunto do sistema sanitario e é preciso efectuar unha valoración individualizada en función das características de cada centro e área sanitaria.
As propostas de servizos mínimos foron realizadas polas xerencias das áreas sanitarias, en función de criterios asistenciais obxectivos, coñecedores da realidade organizativa e funcional de cada centro.
Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga,
DISPOÑO:
Artigo 1
A folga convocada entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde, circunscrita ao ámbito da asistencia sanitaria.
Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a cobertura axeitada do servizo esencial de asistencia sanitaria nos centros sanitarios, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E, ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.
Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible ás persoas hospitalizadas, así como a atención urxente e permanente ás persoas usuarias e os servizos sanitarios que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.
Na determinación destes servizos aplicouse o principio de proporcionalidade, procurando unha adecuada ponderación entre o exercicio do dereito de folga do persoal convocado e a preservación do dereito á protección da saúde da poboación, en función das características da actividade asistencial e da necesidade de garantir unha resposta inmediata en ámbitos non programables.
Estes criterios responden á necesidade de garantir a asistencia sanitaria esencial durante os días de folga e, para estes efectos, estímase que non resultan suficientes as presenzas previstas para fins de semana en determinados ámbitos asistenciais.
Para a determinación das presenzas mínimas téñense en conta a organización asistencial de cada área sanitaria, o volume de actividade, os criterios poboacionais, o grao de dispersión territorial e as isócronas de acceso aos distintos dispositivos asistenciais, elementos todos eles determinantes da cobertura asistencial mínima requirida durante a xornada de folga.
Así mesmo, cómpre ter en conta a evolución da actividade asistencial, o incremento do volume de probas diagnósticas e a maior complexidade dos procesos clínicos, así como circunstancias organizativas concorrentes en determinadas áreas sanitarias que afectan o funcionamento normal dos servizos, como a implantación de novos sistemas tecnolóxicos que implican adaptacións nos procedementos de traballo, a necesidade de garantir a rastrexabilidade das mostras e a seguridade no proceso analítico, así como incidencias constatadas en convocatorias anteriores que evidenciaron a necesidade de reforzar determinadas áreas para garantir a cobertura da actividade urxente e inaprazable.
Igualmente, as modificacións na organización asistencial e na distribución de quendas, especialmente en servizos críticos como laboratorio ou imaxe para o diagnóstico, e a intensificación da actividade en domingos e festivos en determinados ámbitos, fan necesario adecuar as presenzas mínimas ás necesidades reais do servizo.
Por iso, non é posible aplicar un patrón único e ríxido para establecer os servizos mínimos sen comprometer a adecuada atención sanitaria á cidadanía. As xerencias das áreas sanitarias propoñen as presenzas mínimas, baseándose en criterios asistenciais obxectivos que permiten compatibilizar o dereito de folga das persoas traballadoras co dereito da poboación a recibir unha atención sanitaria adecuada.
En canto ás diferenzas nos servizos mínimos entre centros, e dado que os criterios reitores son os mesmos, estas responden ás variacións na organización da actividade e á propia estrutura dos centros de atención especializada de cada área sanitaria.
De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:
I. Persoal da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos: persoal mínimo necesario para a cobertura da subministración de sangue e hemoderivados, a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos.
No eido da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura da subministración de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitar que se produzan prexuízos aos doadores e, consecuentemente, aos posibles receptores. Na mesma medida debe garantirse a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e na lexislación de aplicación.
II. Persoal da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica: persoal mínimo para garantir a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e inaprazables a criterio do persoal facultativo.
III. Persoal nas institucións sanitarias públicas: os criterios de determinación do persoal para a cobertura dos servizos mínimos serán os seguintes:
1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:
– Servizos de urxencias.
– Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable.
– Salas de partos.
– Laboratorios de urxencias.
- A atención do 100 % das probas complementarias urxentes.
Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, é necesaria a presenza dun equipo sanitario completo en todo momento, que non pode quedar minguada pola falta de persoal en áreas clave como o labor dos técnicos sanitarios. Estes profesionais son esenciais para a correcta execución de procedementos que, en moitos casos, son vitais para a estabilización e recuperación dos pacientes.
2. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir os coidados das persoas hospitalizadas e a realización das probas complementarias necesarias, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.
3. No ámbito das consultas estableceranse servizos mínimos nun dobre ámbito:
– Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.
– Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das pacientes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático, incluíndo os/as desprazados/as.
4. No ámbito dos servizos centrais, garantirase a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren ás persoas hospitalizadas que, no criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.
5. Garantirase a dispensación de medicamentos, hemoderivados e produtos sanitarios, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.
6. Unidades especiais: o número necesario para garantir o coidado das persoas pacientes e a continuidade dos tratamentos, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.
7. Garantirase a dispensación de sangue, medicamentos e produtos sanitarios que, segundo o criterio do persoal facultativo, sexan necesarios.
8. Persoal técnico no ámbito da atención primaria, incluído o persoal técnico especialista de hixiene bucodental: é imprescindible garantir un mínimo de atención que permita:
– A atención a doentes con tratamento en curso que non poidan ser interrompidos sen risco para a saúde.
– A prevención de urxencias bucodentais evitables.
– O control de infeccións que poidan ter unha repercusión sistémica.
9. Persoal técnico sanitario noutras áreas de traballo ou servizo: establecerase con carácter xeral un número equivalente ao dos domingos ou festivos.
Nas restantes áreas de actividade en que sexa necesaria unha prestación continuada dos servizos para o seu correcto funcionamento, e que conten con persoal convocado a folga, e que xa dispoñen de persoal os domingos e festivos, os mínimos necesarios serán os que traballan de xeito habitual neses días.
Artigo 2
Con base nos criterios establecidos anteriormente, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante a folga nas institucións públicas dependentes da Consellería de Sanidade.
A determinación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos corresponderá ás direccións das correspondentes institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, atendendo ás características específicas de cada centro, servizo ou unidade asistencial, ao volume de actividade e á necesidade de garantir a continuidade da atención sanitaria esencial.
A fixación do persoal necesario deberá estar adecuadamente motivada e quedar debidamente documentada no expediente correspondente, deixando constancia dos criterios aplicados.
A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.
A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicada nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.
A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos –que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio e conforme criterios obxectivos e non discriminatorios– será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.
O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.
Artigo 3
Os paros e as alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).
Artigo 4
O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.
Artigo 5
Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan poderán ser obxecto de sanción con base nas normas vixentes.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Provincia da Coruña
Área Sanitaria da Coruña e Cee.
– Complexo Hospitalario Universitario da Coruña:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
22 |
14 |
9 |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
17 |
14 |
7 |
|
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
1 |
1 |
- |
|
Técnico/a superior en dietética |
1 |
1 |
- |
– Hospital Virxe da Xunqueira-Cee:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
2 |
1 |
1 |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
2 |
1 |
1 |
Área Sanitaria de Ferrol.
– Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
15 |
5 |
4 |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
5 |
3 |
2 |
|
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
2 |
- |
- |
|
Técnico/a superior en dietética |
1 |
1 |
- |
|
Técnico/a superior en documentación e administración sanitarias |
1 |
- |
- |
|
Técnico/a superior en hixiene bucodental |
2 |
1 |
- |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
– Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
14+3¹ |
12+3¹ |
7+3¹ |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
20 |
12 |
5 |
|
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
2+2² |
1+2² |
2² |
|
Técnico/a superior radioterapia |
11 |
4 |
- |
|
Técnico/a superior en documentación e administración sanitarias |
- |
- |
- |
|
Técnico/a superior en dietética |
1 |
- |
- |
¹ Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico, 3 gardas localizadas en cada quenda para transplantes.
² Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico, 2 gardas localizadas en cada quenda por transplante e sala de autopsias.
– Hospital Público da Barbanza:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
2 |
2 |
2 |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
2 |
2 |
1 |
Provincia de Lugo
Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
– Complexo Hospitalario Lucus Augusti:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
6 |
7 |
4 |
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
11 |
8 |
6 |
|
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
2 |
- |
- |
|
Técnico/a superior en radioterapia e dosimetría |
4 |
2 |
- |
– Hospital Público de Monforte:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
2 |
2 |
1 |
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
2 |
2 |
1 |
|
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
1 |
- |
- |
– Hospital Público da Mariña:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
2 |
2 |
1 |
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
3 |
2 |
2 |
|
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
1 |
- |
- |
– Servizos sanitarios de atención primaria:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en hixiene bucodental |
3 |
- |
- |
Provincia de Ourense
Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
– Complexo Hospitalario Universitario de Ourense:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
8 |
6 |
4 |
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
9 |
5 |
3 |
|
Técnico/a superior en radioterapia e dosimetría |
5 |
4 |
- |
|
Técnico/a superior en dietética |
1 |
2 |
- |
|
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
1 |
1 |
- |
– Hospital de Verín:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
1 |
1 |
1 |
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
1 |
1 |
1 |
– Hospital Público de Valdeorras:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
1 |
1 |
1 |
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
1 |
1 |
1 |
Provincia de Pontevedra
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
– Complexo Hospitalario de Pontevedra:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
2 |
- |
- |
|
Técnico/a superior en dietética |
1 |
1 |
- |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
6 |
6 |
4 |
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
9 |
6 |
4 |
– Hospital do Salnés:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
2 |
2 |
1 |
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
2 |
2 |
2 |
Área Sanitaria de Vigo.
– Complexo Hospitalario Universitario de Vigo:
|
Servizos mínimos |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico |
16 |
9 |
8 |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
15 |
11 |
7 |
|
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
3 |
1 |
- |
|
Técnico/a superior en dietética |
2 |
1 |
- |
|
Técnico/a superior en hixiene bucodental |
2 |
- |
- |
Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.
|
Localidade |
Servizo |
Categoría |
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
Ourense |
Medicina nuclear |
Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear) |
2 |
- |
- |
|
Santiago |
UTPR |
Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear) |
1 |
- |
- |
|
Vigo |
Diagnóstico por imaxe unidade móbil |
Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear) |
4 |
1 |
- |
|
Medicina nuclear-PET |
Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear) |
1 |
2 |
- |
|
|
Oncoloxía radioterápica |
Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en radioterapia e dosimetría) |
10 |
9 |
- |
|
|
Radiofísica |
Técnico/a especialista (técnicos/as superiores en radioterapia e dosimetría) |
2 |
1 |
- |
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
|
Localidade |
Servizo |
Categoría |
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
Santiago |
FPGMX |
Técnico/a especialista (técnico/as superiores en anatomía patolóxica e citodiagnóstico ou en laboratorio clínico e biomédico) |
8 |
- |
- |
Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).
|
Servizos mínimos |
|||
|
29.5.2026 |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
Persoal sanitario non facultativo: laboratorios |
9 |
9 |
2¹ |
¹ En quenda de garda.
