Mediante a Resolución do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 48, do 12 de marzo), a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor ou xerocultora, e do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servicios xerais (PSX).
A base VIII da convocatoria establece que unha vez rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ditará a resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, en que se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas.
En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora, e do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servicios xerais (PSX).
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica na epígrafe de concurso de traslados. A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.
Aquelas persoas que non figuren na relación de persoas admitidas nin na de excluídas e solicitaran participar no concurso disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, presentar reclamación. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.
As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Causa de exclusión |
|
Carballo |
Pérez |
Javier |
***2924** |
4 |
|
Costa |
Camino |
Isabel |
***0932** |
4, 12 |
|
Negreira |
Rodríguez |
Ana Rosa |
***6442** |
13, 118 |
|
Peña |
Peña |
María Begoña |
***7777** |
12 |
|
Código da causa |
Causa de exclusión |
|
4 |
Falta o nomeamento para a escala desde a que concursa |
|
12 |
O corpo-escala ou a especialidade, a relación de servizo ou o tipo de administración non corresponde coas do concurso |
|
13 |
Non cumpre co tempo exixido no posto definitivo |
|
118 |
Non posúe dous anos na categoría profesional equivalente á escala/especialidade de funcionarización |
