O 31.1.2025, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada LMTS, CTC Cornina.
O 9.5.2025, este departamento territorial ditou unha resolución pola que se concederon as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2025/022-4).
O 16.4.2026, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a declaración, en concreto, de utilidade pública para a instalación LMTS, CTC Cornina (expediente IN407A 2025/022-4) debido a problemas de permisos con algunhas parcelas.
Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS, CTC Cornina.
Situación: Cambados.
Descricións técnicas:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2 OL(S)-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, de 20 metros de lonxitude, coa orixe no paso aéreo subterráneo proxectado no apoio HV-1000-11 (FOEQIGN6) da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD804 e final no centro de transformación proxectado Cornina, que substitúe o centro de transformación intemperie Cornina 36AJ08.
– Centro de transformación en caseta prefabricada a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, alimentado pola liña CBD804, procedente da subestación Cambados.
– Retirada do centro de transformación intemperie Cornina 36AJ08.
– A instalación está situada na rúa Terra Santa, á altura do número 43, no concello de Cambados (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 29 de abril de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2025/022-4.
Denominación: LMTS, CTC Cornina.
Concello: Cambados.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio (m²) |
Servidume |
||||||
|
CT |
ml sub. |
m² sub. |
|||||
|
1 |
R/ Terrasanta, Cambados |
Urbana sen edificar |
5876239NH1057N0001ET |
Mercedes Villanueva Chantada |
14,97 |
2,0 |
4,0 |
