De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: fábrica de produtos precociñados a base de peixe |
Procedemento: revisión e modificación substancial da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Congalsa, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2007/0003_NAA/IPPC_106 |
|
Concello: A Pobra do Caramiñal (A Coruña) |
Expedientes: 2020-IPPC-M-43 e 2026-IPPC-M-48 |
Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (empregando o código de busca: 2007/0003) ou, de xeito presencial, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
