DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 8 de maio de 2026, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-01292-O-2026 e un máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña no expediente sancionador XC-01292-O-2026 e un máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 8 de maio de 2026

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01292-O-2026

7226-KRN

Y6445672M

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante
5.11.2025; 17.35.00; AC-161; 1,9

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-01343-O-2026

0050-KLT

Y8050082G

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante

26.11.2025; 10.29.00; N-550; 7,0

Artigo 141.25 en relación coa 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros