DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 4 de maio de 2026, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-01461-O-2025).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio ditado pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense no expediente sancionador OU-01461-O-2025, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense.

Outórgaselle un prazo quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente e presentar ou propoñer as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 4 de maio de 2026

Hipólito Casas Conde
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-01461-O-2025

4909-BPX

44468199E

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

21.7.2025; 18.21.00; N-120; 466,398

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros