En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Adecuación CT Lagoas-32C363.
Situación: lugar das Lagoas, concello de Piñor.
Características principais recollidas no proxecto:
• Desmonte da caseta do CT existente. Instalación dun novo apoio de celosía metálica, do tipo C-14/2000, no que se instala un novo transformador á intemperie de 50 kVA e R/T 20.000/400 V.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, do 7.4.2026.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 7 de maio de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2026/044-3.
Situación: lugar das Lagoas, concello de Piñor.
Denominación: Adecuación CT Lagoas-2C363.
Predio núm. en proxecto: 1; Referencia catastral: 32062A003002180000OR.
Lugar: As Lagoas, 10.
Cultivo: monte baixo.
Titular: Nemesio Blanco Fernández.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 58-CT, de 124 m2 de voo e ocupación temporal de 6 m2.
Predio núm. en proxecto: 2; Referencia catastral: 32062A003003460000OK.
Lugar: As Lagoas, 15.
Cultivo: monte baixo.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 25 m2 de voo e ocupación temporal de 15 m2.
