DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31568

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de comunicación para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais.

Referencia ao artigo concreto que habilita a publicación no DOG e no taboleiro de edictos único: artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Suposto de feito concorrente: interesado descoñecido (intentada a notificación, non se puido efectuar).

Para os efectos de garantir o trámite da notificación, procédese á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co seguinte contido:

Comunicación para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais.

Expediente

Ref. catastral

Lugar

Persoa/entidade responsable

2026/Biom000019

15074A90201832

Ladeira, Corrubedo, Ribeira

En investigación

Título/procedencia dos datos: listaxe IBI 2026.

Feitos que motivan a comunicación ou o requirimento e modo de constatación destes:

Vexetación arbórea de especies non permitidas (piñeiros).

Constatado en informe municipal de data do 4 de maio de 2026.

Concreta obriga incumprida, co seu fundamento legal:

Obriga de xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano, excepto nos supostos en que, pola extensión ou especial dificultade dos labores de xestión de biomasa ou retirada de especies, sexa necesaria a elaboración dunha planificación anual das actuacións, conforme o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os mesmos criterios son aplicables con carácter subsidiario en solo urbano.

Traballos a realizar polas persoas titulares/responsables dos terreos:

Corta de árbores de especies non permitidas (piñeiros). De conformidade co previsto na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, poderanse conservar árbores de especies non permitidas en calquera clase de terreos incluídos nas redes primarias e secundarias de xestión de biomasa nos seguintes casos: en caso de se tratar de árbores singulares ou daquelas que cumpran funcións ornamentais ou que se localicen en zonas recreativas (sempre que se manteña unha descontinuidade horizontal e vertical do combustible), ou das que se atopen illadas e non supoñan un risco para a propagación de incendios forestais.

Prazo máximo para o cumprimento voluntario, que se computará desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación ou do requirimento ou da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e que será de: quince (15) días naturais.

Apercibimento:

Apercíbese de que en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo outorgado, procederase á execución subsidiaria sen máis trámites.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento ten a obriga legal de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria. Este último ten a facultade de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, excepto naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.

Liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a referida execución subsidiaria, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento tras o transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos:

A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.

Liquidación provisional:

Hectáreas parcela

0,0412

Hectáreas afectadas pola execución

0,0412

Custo provisional por hectárea (€)

3.545,82

Liquidación provisional (€)

146,09

Advertencia:

En caso de persistencia no incumprimento tras o transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

De conformidade co establecido no artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, as competencias para incoar, instruír e resolver os procedementos sancionadores por infraccións derivadas do incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución corresponden: a) aos concellos nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se encontren en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural; b) á Administración xeral da Comunidade Autónoma en todos os demais casos.

O incumprimento da obriga de xestionar a biomasa consoante o previsto nos artigos 21, 21.ter e 22, así como na disposición transitoria terceira, da Lei 3/2007, do 9 de abril, está tipificado como infracción en materia de incendios forestais (artigo 50.2.1). Cualificación: leve (artigo 51.3.b). Sanción prevista: multa desde 100 ata 1.000 euros (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, segundo o previsto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril).

Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Normativa aplicable:

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ribeira, 4 de maio de 2026

María José Sampedro Fernández
Alcaldesa