DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31572

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de convocatoria dun posto de auxiliar administrativo/a derivado da oferta de emprego público 2017.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 84, do 6 de maio de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión dunha praza de funcionario/a de carreira para un posto de auxiliar administrativo/a do Concello do Rosal, incluída na oferta de emprego público do ano 2017, mediante o sistema de oposición en quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do Concello do Rosal.

O Rosal, 6 de maio de 2026

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa