Aprobada inicialmente, polo Acordo do Pleno, do 26 de xaneiro de 2026, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Salvaterra de Miño, nº 12, «Uso comercial en plantas soto e semisoto en casco urbano».
De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o citado prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se considere pertinentes.
Salvaterra de Miño, 19 de febreiro de 2026
Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa
