DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 29 de maio de 2026 Páx. 31574

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Salvaterra de Miño, número 13, na rúa Pesqueiras.

Aprobada inicialmente, polo Acordo do Pleno, do 26 de xaneiro de 2026, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Salvaterra de Miño, nº 13, na rúa Pesqueiras.

De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Salvaterra de Miño, 19 de febreiro de 2026

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa