DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2026 pola que se autoriza a transmisión inter vivos do pleno dominio da metade indivisa da concesión administrativa da batea Villa III.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante un escrito do 5 de maio de 2026, Manuel Villanueva González (***9203**) solicitou a autorización para a transmisión inter vivos do pleno dominio da metade indivisa da concesión administrativa da batea Villa III.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Julio Villanueva González (***9122**), do pleno dominio da metade indivisa da concesión administrativa da seguinte batea:

Nome: Villa III.

Situación:

Cuadrícula número: 88.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 3.6.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Julio Villanueva González (***9122**) e Manuel Villanueva González (***9203**).

Novo titular: Julio Villanueva González (***9122**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular do pleno dominio da metade indivisa, Manuel Villanueva González (***9203**), deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, dende o momento da formalización da compravenda en escritura pública e, especialmente, queda subrogado en todas as obrigas contraídas polo transmitente en relación coa subvención tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205F-2025-00044, en concepto de subvencións para investimentos produtivos no ámbito da acuicultura, por importe de 31.500,00 €. Así mesmo, o novo titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 65 do Regulamento (UE) no 2021/1060, do 24 de xuño (DOUEL número 231, do 30 de xuño).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 25 de maio de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo