DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31591

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 20 de maio de 2026 pola que se modifica a autorización do centro privado Cesforem Formación, de Vigo.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Cesforem Formación, de Vigo, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Farmacia e parafarmacia e o ciclo superior (CS) de Dietética, para persoas adultas, na modalidade semipresencial-distancia.

Conforme a Orde do 27 de maio de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño, o centro conta con autorización para impartir na modalidade presencial as ensinanzas solicitadas na modalidade semipresencial-distancia.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Real decreto 659/2023, de 18 de xullo, que desenvolve a ordenación do Sistema de formación profesional, co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

1. Modificar a autorización do CPR Cesforem Formación, de Vigo, e autorizar o CM Farmacia e parafarmacia e o CS Dietética, para persoas adultas, na modalidade semipresencial-distancia. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro privado (CPR).

Denominación específica: Cesforem Formación.

Código do centro: 36025301.

Domicilio: rúa Condesa Casa Bárcena, nº 11 baixo.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Código postal: 36204.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Formación Profesional y Certificados de Galicia, S.L.

Composición resultante:

Réxime ordinario: modalidade presencial:

• 1 CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• 1 CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 postos escolares).

• 1 CS Dietética (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Réxime de persoas adultas: modalidade semipresencial-distancia:

• 1 CM Farmacia e parafarmacia, para 50 postos escolares.

• 1 CS Dietética, para 50 postos escolares.

Artigo 2. Ordenación académica

1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1 desta orde na modalidade semipresencial-distancia, aplicaráselles, en canto sexa axeitado á súa natureza, o previsto na Orde do 5 de novembro de 2010, pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial-distancia.

2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a titoría colectiva terá carácter presencial coa intervención directa do profesorado, nas instalacións do centro docente, e conforme o artigo 12 da mencionada Orde do 5 de novembro de 2010, as horas semanais de dedicación á titoría colectiva para a realización por parte do alumnado das actividades programadas non poderá ser inferior ao enteiro igual ou inmediatamente superior ao 25 % das horas semanais que se establezan para cada módulo profesional.

A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo terá carácter voluntario para o alumnado.

3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado, e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo, realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non superase o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.

4. O profesorado que imparta na modalidade semipresencial-distancia disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 4. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional