DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31589

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 20 de maio de 2026 pola que se clasifica de interese educativo a Fundación Filosofía y Vida Natural.

Unha vez examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Filosofía y Vida Natural con domicilio no lugar de Valdín, número 27, na Veiga (Ourense), resultan os seguintes feitos e consideracións legais.

Feitos:

1. O 12 de novembro de 2025, María Luisa Losada Castañé, representante da fundadora Delfina Fernández Carracedo, presentou solicitude de clasificación, declaración de interese galego e a súa correspondente inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Filosofía y Vida Natural constituíuna Delfina Fernández Carracedo, José María Vía Martí, Jordi Solsona Mateos e Marc Vía Nieto, mediante escritura pública outorgada o 29 de outubro de 2025, ante a notaria do Barco de Valdeorras Marta Luisa Diz Amor, co número de protocolo 1248.

3. A Fundación, consonte o artigo 7 dos seus estatutos, ten por obxecto: «o fomento dunha educación baseada na reflexión filosófica, a ética, a ecoloxía e os modos de vida sostibles, co obxecto de impulsar actividades de todo tipo que afonden no coñecemento da natureza e o entorno rural de Galicia».

4. O padroado inicial da Fundación está formado por Delfina Fernández Carracedo, como presidenta; Marc Vía Nieto, como vicepresidente; Jordi Solsona Mateos, como secretario non patrón, e José María Vía Martí, como vogal.

5. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes proposta de clasificación como de interese educativo da Fundación Filosofía y Vida Natural, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de Secretarios Xerais, procede a súa clasificación como de interese educativo e a súa adscrición á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Consonte o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, correspóndelle a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 12 de maio de 2026,

DISPOÑO:

Clasificar de interese educativo a Fundación Filosofía y Vida Natural, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; podéndose interpoñer no prazo dun mes, previamente e con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, de conformidade co artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes