DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 1 de xuño de 2026 Páx. 31737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Caldas de Reis, Portas, Moraña, O Campo Lameiro e Cerdedo Cotobade, na provincia de Pontevedra (expediente IN407A 2024/352-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas de vixente aplicación, sométense a información pública o estudo de impacto ambiental e a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2024/352-4.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LAT 66 kV Tivo-San Jorge.

Situación: Caldas de Reis, Portas, Moraña, O Campo Lameiro e Cerdedo Cotobade.

Descrición das instalacións proxectadas:

Liña de alta tensión, a 66 kV, estruturada en tres tramos:

1. Tramo subterráneo I: de 1.071 metros de lonxitude, con condutor Al 630+ H 165 Cu, con orixe na subestación de Tivo e final no apoio núm. 1, paso aero subterráneo (PAS), no concello de Caldas de Reis.

2. Tramo aéreo único: de 12.570 metros de lonxitude, simple circuíto, con condutor LA-280 simplex e cable de fibra óptica OPGW na cúpula. Ten orixe no apoio núm. 1, paso aero-subterráneo (PAS), situado na parcela con referencia catastral 36005A00100068, en Caldas de Reis. Discorre por 22 aliñacións e 62 apoios. O final é no apoio núm. 62, tamén de transición aero-subterráneo (PAS), situado na parcela con referencia catastral 36012A01001357, en Cerdedo Cotobade. Este tramo discorre polos concellos de Caldas, Portas, Moraña, O Campo Lameiro e Cerdedo Cotabade.

3. Tramo subterráneo II: de 108 metros de lonxitude, con condutor Al 630+ H 165 Cu, con orixe no apoio núm. 62, paso aero-subterráneo, e final na subestación San Jorge.

O proxecto da LAT 66 kV Tivo-San Jorge está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, conforme o artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O órgano ambiental competente para emitir a declaración de impacto ambiental é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

O órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria.

O proxecto de execución da instalación e o estudo de impacto ambiental están á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas.

A documentación anterior tamén foi posta á disposición de cada un dos concellos afectados.

Pontevedra, 6 de maio de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra